martes, 18 de marzo de 2014

CAFÉ TERTULIA da ASOCIACIÓN PROYDE


m

O mércores, 19 de marzo, estamos invitados tod@s a participar nun café-tertulia en torno á Asociación PROYDE. 

Compartiremos a experiencia que viviron ALFONSO e CRISTINA na India hai poucos anos n
un verán como voluntarios da Asociación PROYDE, vivindo de preto algún dos proxectos que esta asociación realiza nese país para mellorar la vida das persoas ó través da educación.

Este verán volverán de novo a coller a mochila de PROYDE. Esta vez camiño de Mozambique, no Sul do continente africano. Comunicarannos algo do que xa están preparando, xunto cos outros dous educadores de La Salle Santiago que irán con eles. 

Pode ser un momento especial para que coñezamos de pretoa a labor máis concreta que realiza PROYDE nos seus proxectos, ó través destas persoas tan cercanas.

Este momento de encontro disfrutarémolo xunto co aroma dun café de Comercio Xusto, ao que estamos tod@s invitad@s!!!

Esperámosvos O mércores 19, a las 17:35, na Sala Polivalente do Colegio La Inmaculada.
...Haberá servizo de gardería para os pequenos...!!


ANIMÁDEVOS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Comenzamos unha nova etapa no blog. Esperamos que vos guste o contenido. Trataremos de informarvos puntualmente de todas as novas que ocorra...