luns, 22 de decembro de 2014

MAGOSTO

Non vos comentamos nada hasta agora, pero fixemos un bó traballo colaborativo dentro do colexio co motivo do Magosto este ano....  Tanto @s nen@s como @s profes e tod@s nós, poidemos disfrutar dunha xornada festiva e chea de castañas, ledicia e música.

Desde a ANPA fixemos un video do acontecemento, que vos chegará a todas as familias asociadas a través do email.

Graciñas por participar!!!  



martes, 9 de decembro de 2014

E aquí temos o Belén ....




Pois Sí ...
Aquí temos a experiencia da montaxe do Belén deste ano realizada con ledicia, bo rollo e creatividade. 

Seique o pasaron moi ben, e queremos desde este foro agradecer ás persoas que o fixeron posible, pola súa disponibilidade e tempo invertido 

MOITAS GRAZAS!!!!!









Habemus árbore!!!


Xa temos instalado a nosa árbore de nadal... 

Despois dun traballo coordinado e profesional... Os resultados saltan á vista!!!  Noraboa ás que curraron... 

Quedou XENIAL ... Esperamos desde a ANPA que vos agrade e que o disfruten todos os nenos e nenas... Facendo cercano o espírito navideño!!! 

Esta tarde toca MONTAR O BELEN ... LITERALMENTE!!!    Ás 15,30 hs. no colexio.

Informaremos puntualmente!


venres, 5 de decembro de 2014

o belén






A dónde pensades que se dirixe o pastor tirando do burro?? .... pois nada máis e nada menos que ao BELÉN que o día 9 daremos forma xunt@s en colaboración desinteresada a partires das 15,30 horas.

Animamos a cantos pais e nais queirades acompañarnos, que imos construir como todos os anos o Belén na entrada das escaleiras dos pequenos.

xa arrecende a N A D A L !!!!

xoves, 4 de decembro de 2014

a árbore


Queremos compartir desde a ANPA que próximo martes, día 9 coincidiremos no colexio ás 11,00 horas para xunt@s montar e decorar a árbore de nadal que se instala cada ano.

Queremos facelo extensivo aos pais é nais que queirades, pois estes e outros traballos cobran máis sentido se os facemos en común, vémonos as caras e pasámolo ben!!!....

AHÍ QUEDA A CITA !!!


martes, 2 de decembro de 2014

Sen nen@s, non hai FUTURO !!!!


Dende a ANPA do Colexio La Salle "de arriba" invítannos o mércores dia 3 a esta interesante charla sobre os retos, o traballo e a loita de Unicef nestes 25 últimos anos polos dereitos dos nen@s



A cita é este mércores 3 de decembro ás 17,30 horas na sala de Audiovisuais do Colexio La Salle

domingo, 30 de novembro de 2014

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE NADAL DO CONCELLO DE SANTIAGO

Olá !!!!!

eiquí vos deixamos o programa de actividades para o Nadal que organiza o Concello de Santiago.

Botádelle un ollo e Que rule!




PROGRAMA NADAL CONCELLO SANTIAGO

venres, 21 de novembro de 2014

con renovado ímpetu.... !

Pois eso... que con renovado ímpetu xa comezamos a reunirnos a xunta directiva da anpa para ir aquelando as cousiñas a facer e dispoñer de facer neste curso tan cheo de retos e ilusións...   

E iso é o que notamos desde dentro do corazón da anpa, ilusión por descubrir onde podemos ser fermento de colaboración para ir construindo xuntos un entorno colexial creativo e suxestivo, poñendo o noso granciño de area...


Atent@s, pois chegan ahí unhas datas coñecidas por tod@s nas que nos agardan sorpresas !!!!!   POLO QUE..... ESTADE AO TANTO !!!!!

xoves, 23 de outubro de 2014

PROBA SUPERADA!!!!

Xa disfrutamos hoxe mesmo dun dos momentos importantes no ano para a nosa asociación ...
A Asamblea Xeral.




Compartimos moitas cousas das que fixemos no curso pasado, fixemos revisión e propostas de futuro, con boas vibracións!!!



Foise presentando xente nova para construir a renovada xunta directiva deste curso... xenial !, en breve presentarémonos tod@s por este medio. 


Moitas grazas a tód@s @s participantes!!

domingo, 12 de outubro de 2014

VÉMONOS NA ASAMBLEA !!!!!!



Despois do merecido descanso, aquí estamos unha vez iniciado o curso, cun dos momentos máis importantes para a asociación...  xa fomos convocad@s á Asamblea Ordinaria deste ano 2104...    Como seguro que xa sabedes, celebrarémola o 23 de Octubro sobre as 5 e cuarto da tarde. 

Desde este mirador na nube, desexamos que vos sintades invitad@s e acollid@s nesta asociación que formamos tod@s, e que participedes con espírito de colaboración e boas ideas para o desenvolvemento da ANPA no curso 2014-2015.  

Unha aperta!!!..


 

luns, 16 de xuño de 2014

Colaborando....

A través dun traballo de colaboración co Colexio, poidemos evaluar e actuar para mellorar parte dos elementos deportivos que están no patio, que debido a un envellecemento polas inclemencias do tempo e a idade, estaban en mal estado.


A actuación foi nas porterías e as canastas do patio....... que ben merecido o tiñan!!!.... 
Esperamos que os nenos e nenas as disfruten con seguridade e coidado para que duren outros moitos anos!..

Aquí vos deixamos uns exemplos do antes e despois.

Apertas!!




martes, 3 de xuño de 2014

Máis libros !

Chegou a segunda remesa de libros para as bibliotecas das aulas. 

Son magníficos diccionarios en galego e castelán e dez libros en inglés. 

Estupenda aportación!!

Esperamos que os nenos poidan disfrutar deles 





sábado, 31 de maio de 2014

Felicitamos á "Cofradía del Santísimo Cristo de la Unción y Nuestra Señora de la Serenidad"



Desde estas lineas, queremos felicitar e agradecer o gran traballo realizado este ano na Semana Santa, que se veu reflectido na moita participación na celebración e procesión da confraría tanto de pequen@s como de maiores.

Este, foi o primeiro ano da saída do paso do Cristo portando o "Paso Xoven" por mulleres de diversas idades,


Desexamos que este éxito acadado sexa o primeiro de moitos máis.  



venres, 16 de maio de 2014

Libros pra a biblioteca

Chegou a primeira remesa de libros para ampliar a biblioteca das aulas. Son libros de lectura infantil, en idioma galeo e castelán, según a colaboración que nos pediron os distintos profesores. Quedamos pendientes da seguinte entrega para completar as necesidades. 

Unha aperta. !



xoves, 1 de maio de 2014

8 de Maio Mesa Redonda con Ana Faraldo

















Preocupados pola saúde auditiva dos nosos fill@s, contactamos coa responsable da unidade de Otorrinolaringoloxía Infantil do Hospital Clínico de Santiago, Ana Faraldo, coa que teremos unha mesa redonda para tratar sobre este interesante e pouco divulgado tema que nos afecta a tod@s.

Somos conscientes da importancia que ten a prevención na saúde auditiva, así como das boas prácticas que podemos ter en conta no día a día.

Por iso, invitámosvos o próximo xoves, 8 de Maio ás 17,45 hs. na sala polivalente do colexio, a este interesante faladoiro que podemos organizar grazas á colaboración desinteresada desta grande profesional, Ana Faraldo.



 
Animádevos e invitade 
                   a quen queirades.... !!!!


sábado, 19 de abril de 2014

...Coa música a voltas...



Andamos a voltas coa música..... 

Dende a ANPA colaboramos dentro do noso orzamento no ámbito musical do colexio, mediante a adquisición de diverso material, como fóron estes que podedes ver na foto..   Un metálófono, xilófono e carillón sopranos, pandeireta, aro e campanillas de notas e cores.

Esperamos que @s nen@s á volta destas vacacións poidan usalas moito !!!!


Unha aperta e parabéns musicais nesta pascoa!!!





xoves, 27 de marzo de 2014

Con vistas ao verán......

Acaban de publicar no DOG a convocatoria  e oferta de prazas xuvenís para os Campamentos de Verán deste ano 2014 da Xunta de Galicia.
Deixamos aquí as ligazóns para quen poida interesar....!!!

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140326/AnuncioCA05-190314-0001_gl.html


http://xuventude.xunta.es/

mércores, 26 de marzo de 2014

...O traballo agochado...



Unha vez ao mes, reunímonos as personas que formamos o grupiño da xunta directiva da A.N.P.A. a compartir as cousas que imos preparando e decidindo entre tod@s dentro da marcha do curso....  

Iremos deitando aquí as comunicacións máis interesantes. 

Estade atent@s!!!!


martes, 18 de marzo de 2014

CAFÉ TERTULIA da ASOCIACIÓN PROYDE


m

O mércores, 19 de marzo, estamos invitados tod@s a participar nun café-tertulia en torno á Asociación PROYDE. 

Compartiremos a experiencia que viviron ALFONSO e CRISTINA na India hai poucos anos n
un verán como voluntarios da Asociación PROYDE, vivindo de preto algún dos proxectos que esta asociación realiza nese país para mellorar la vida das persoas ó través da educación.

Este verán volverán de novo a coller a mochila de PROYDE. Esta vez camiño de Mozambique, no Sul do continente africano. Comunicarannos algo do que xa están preparando, xunto cos outros dous educadores de La Salle Santiago que irán con eles. 

Pode ser un momento especial para que coñezamos de pretoa a labor máis concreta que realiza PROYDE nos seus proxectos, ó través destas persoas tan cercanas.

Este momento de encontro disfrutarémolo xunto co aroma dun café de Comercio Xusto, ao que estamos tod@s invitad@s!!!

Esperámosvos O mércores 19, a las 17:35, na Sala Polivalente do Colegio La Inmaculada.
...Haberá servizo de gardería para os pequenos...!!


ANIMÁDEVOS!!!

luns, 10 de marzo de 2014

cousiñas propias da nosa asociación: os estatutos

Como toda boa asociación, as nosas raices baseanse nunha carta de constitución da asociación coñecida por "estatutos"....

Imos informavos nesta entrada sobre os estatutos da ANPA. Éstes foron constituidos o 18 de Febreiro de 2004 con un amplio consenso de toda a boa xente que botaron a andar este barco.

Eiquí vos deixo a ligazón ao documento que regula o funcionamento da nosa asociación, os dereitos, obrigas e relacións entre as persoas asociadas, para quen esté interesad@ en botarlle un vistazo.

Que o disfrutedes!!!!..... 


domingo, 9 de marzo de 2014

comezamos un novo camiño no blog da anpa do colexio la salle inmaculada

OLA!!!!
 
Somos os membros da Xunta Directiva da ANPA que nos responsabilizamos desde a Asamblea Xeral pasada do desenvolvemento das xestións da asociación. 

Presidenta: Mercedes Macías
Vicepresidenta: María de las Nieves Albarrán
Secretario: Andrés Soto
Tesoureiro: Xabi Jáuregui
Vocal: Marta Pagán
Vocal: Andrés Rodríguez
Vocal: Beatriz Sieira
Vocal: María José Mansilla
Vocal: María del Carmen Louzao

O noso correo electrónico está aberto a suxerencias, comentarios e colaboracións....   podes escribir a:

anpa.inmaculada.santiago@gmail.com

Comenzamos unha nova etapa no blog. Esperamos que vos guste o contenido. Trataremos de informarvos puntualmente de todas as novas que ocorra...