sábado, 31 de maio de 2014

Felicitamos á "Cofradía del Santísimo Cristo de la Unción y Nuestra Señora de la Serenidad"



Desde estas lineas, queremos felicitar e agradecer o gran traballo realizado este ano na Semana Santa, que se veu reflectido na moita participación na celebración e procesión da confraría tanto de pequen@s como de maiores.

Este, foi o primeiro ano da saída do paso do Cristo portando o "Paso Xoven" por mulleres de diversas idades,


Desexamos que este éxito acadado sexa o primeiro de moitos máis.  



venres, 16 de maio de 2014

Libros pra a biblioteca

Chegou a primeira remesa de libros para ampliar a biblioteca das aulas. Son libros de lectura infantil, en idioma galeo e castelán, según a colaboración que nos pediron os distintos profesores. Quedamos pendientes da seguinte entrega para completar as necesidades. 

Unha aperta. !



xoves, 1 de maio de 2014

8 de Maio Mesa Redonda con Ana Faraldo

















Preocupados pola saúde auditiva dos nosos fill@s, contactamos coa responsable da unidade de Otorrinolaringoloxía Infantil do Hospital Clínico de Santiago, Ana Faraldo, coa que teremos unha mesa redonda para tratar sobre este interesante e pouco divulgado tema que nos afecta a tod@s.

Somos conscientes da importancia que ten a prevención na saúde auditiva, así como das boas prácticas que podemos ter en conta no día a día.

Por iso, invitámosvos o próximo xoves, 8 de Maio ás 17,45 hs. na sala polivalente do colexio, a este interesante faladoiro que podemos organizar grazas á colaboración desinteresada desta grande profesional, Ana Faraldo.



 
Animádevos e invitade 
                   a quen queirades.... !!!!


Comenzamos unha nova etapa no blog. Esperamos que vos guste o contenido. Trataremos de informarvos puntualmente de todas as novas que ocorra...