martes, 2 de decembro de 2014

Sen nen@s, non hai FUTURO !!!!


Dende a ANPA do Colexio La Salle "de arriba" invítannos o mércores dia 3 a esta interesante charla sobre os retos, o traballo e a loita de Unicef nestes 25 últimos anos polos dereitos dos nen@s



A cita é este mércores 3 de decembro ás 17,30 horas na sala de Audiovisuais do Colexio La Salle

domingo, 30 de novembro de 2014

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE NADAL DO CONCELLO DE SANTIAGO

Olá !!!!!

eiquí vos deixamos o programa de actividades para o Nadal que organiza o Concello de Santiago.

Botádelle un ollo e Que rule!




PROGRAMA NADAL CONCELLO SANTIAGO

venres, 21 de novembro de 2014

con renovado ímpetu.... !

Pois eso... que con renovado ímpetu xa comezamos a reunirnos a xunta directiva da anpa para ir aquelando as cousiñas a facer e dispoñer de facer neste curso tan cheo de retos e ilusións...   

E iso é o que notamos desde dentro do corazón da anpa, ilusión por descubrir onde podemos ser fermento de colaboración para ir construindo xuntos un entorno colexial creativo e suxestivo, poñendo o noso granciño de area...


Atent@s, pois chegan ahí unhas datas coñecidas por tod@s nas que nos agardan sorpresas !!!!!   POLO QUE..... ESTADE AO TANTO !!!!!

xoves, 23 de outubro de 2014

PROBA SUPERADA!!!!

Xa disfrutamos hoxe mesmo dun dos momentos importantes no ano para a nosa asociación ...
A Asamblea Xeral.




Compartimos moitas cousas das que fixemos no curso pasado, fixemos revisión e propostas de futuro, con boas vibracións!!!



Foise presentando xente nova para construir a renovada xunta directiva deste curso... xenial !, en breve presentarémonos tod@s por este medio. 


Moitas grazas a tód@s @s participantes!!

domingo, 12 de outubro de 2014

VÉMONOS NA ASAMBLEA !!!!!!



Despois do merecido descanso, aquí estamos unha vez iniciado o curso, cun dos momentos máis importantes para a asociación...  xa fomos convocad@s á Asamblea Ordinaria deste ano 2104...    Como seguro que xa sabedes, celebrarémola o 23 de Octubro sobre as 5 e cuarto da tarde. 

Desde este mirador na nube, desexamos que vos sintades invitad@s e acollid@s nesta asociación que formamos tod@s, e que participedes con espírito de colaboración e boas ideas para o desenvolvemento da ANPA no curso 2014-2015.  

Unha aperta!!!..


 

luns, 16 de xuño de 2014

Colaborando....

A través dun traballo de colaboración co Colexio, poidemos evaluar e actuar para mellorar parte dos elementos deportivos que están no patio, que debido a un envellecemento polas inclemencias do tempo e a idade, estaban en mal estado.


A actuación foi nas porterías e as canastas do patio....... que ben merecido o tiñan!!!.... 
Esperamos que os nenos e nenas as disfruten con seguridade e coidado para que duren outros moitos anos!..

Aquí vos deixamos uns exemplos do antes e despois.

Apertas!!




martes, 3 de xuño de 2014

Máis libros !

Chegou a segunda remesa de libros para as bibliotecas das aulas. 

Son magníficos diccionarios en galego e castelán e dez libros en inglés. 

Estupenda aportación!!

Esperamos que os nenos poidan disfrutar deles 





Comenzamos unha nova etapa no blog. Esperamos que vos guste o contenido. Trataremos de informarvos puntualmente de todas as novas que ocorra...