luns, 16 de xuño de 2014

Colaborando....

A través dun traballo de colaboración co Colexio, poidemos evaluar e actuar para mellorar parte dos elementos deportivos que están no patio, que debido a un envellecemento polas inclemencias do tempo e a idade, estaban en mal estado.


A actuación foi nas porterías e as canastas do patio....... que ben merecido o tiñan!!!.... 
Esperamos que os nenos e nenas as disfruten con seguridade e coidado para que duren outros moitos anos!..

Aquí vos deixamos uns exemplos do antes e despois.

Apertas!!




martes, 3 de xuño de 2014

Máis libros !

Chegou a segunda remesa de libros para as bibliotecas das aulas. 

Son magníficos diccionarios en galego e castelán e dez libros en inglés. 

Estupenda aportación!!

Esperamos que os nenos poidan disfrutar deles 





sábado, 31 de maio de 2014

Felicitamos á "Cofradía del Santísimo Cristo de la Unción y Nuestra Señora de la Serenidad"



Desde estas lineas, queremos felicitar e agradecer o gran traballo realizado este ano na Semana Santa, que se veu reflectido na moita participación na celebración e procesión da confraría tanto de pequen@s como de maiores.

Este, foi o primeiro ano da saída do paso do Cristo portando o "Paso Xoven" por mulleres de diversas idades,


Desexamos que este éxito acadado sexa o primeiro de moitos máis.  



venres, 16 de maio de 2014

Libros pra a biblioteca

Chegou a primeira remesa de libros para ampliar a biblioteca das aulas. Son libros de lectura infantil, en idioma galeo e castelán, según a colaboración que nos pediron os distintos profesores. Quedamos pendientes da seguinte entrega para completar as necesidades. 

Unha aperta. !



xoves, 1 de maio de 2014

8 de Maio Mesa Redonda con Ana Faraldo

















Preocupados pola saúde auditiva dos nosos fill@s, contactamos coa responsable da unidade de Otorrinolaringoloxía Infantil do Hospital Clínico de Santiago, Ana Faraldo, coa que teremos unha mesa redonda para tratar sobre este interesante e pouco divulgado tema que nos afecta a tod@s.

Somos conscientes da importancia que ten a prevención na saúde auditiva, así como das boas prácticas que podemos ter en conta no día a día.

Por iso, invitámosvos o próximo xoves, 8 de Maio ás 17,45 hs. na sala polivalente do colexio, a este interesante faladoiro que podemos organizar grazas á colaboración desinteresada desta grande profesional, Ana Faraldo.



 
Animádevos e invitade 
                   a quen queirades.... !!!!


sábado, 19 de abril de 2014

...Coa música a voltas...



Andamos a voltas coa música..... 

Dende a ANPA colaboramos dentro do noso orzamento no ámbito musical do colexio, mediante a adquisición de diverso material, como fóron estes que podedes ver na foto..   Un metálófono, xilófono e carillón sopranos, pandeireta, aro e campanillas de notas e cores.

Esperamos que @s nen@s á volta destas vacacións poidan usalas moito !!!!


Unha aperta e parabéns musicais nesta pascoa!!!





xoves, 27 de marzo de 2014

Con vistas ao verán......

Acaban de publicar no DOG a convocatoria  e oferta de prazas xuvenís para os Campamentos de Verán deste ano 2014 da Xunta de Galicia.
Deixamos aquí as ligazóns para quen poida interesar....!!!

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140326/AnuncioCA05-190314-0001_gl.html


http://xuventude.xunta.es/

Comenzamos unha nova etapa no blog. Esperamos que vos guste o contenido. Trataremos de informarvos puntualmente de todas as novas que ocorra...