
Preocupados pola saúde auditiva dos nosos fill@s, contactamos coa responsable da unidade de Otorrinolaringoloxía Infantil do Hospital Clínico de Santiago, Ana Faraldo, coa que teremos unha mesa redonda para tratar sobre este interesante e pouco divulgado tema que nos afecta a tod@s.
Somos conscientes da importancia que ten a prevención na saúde auditiva, así como das boas prácticas que podemos ter en conta no día a día.
Por iso, invitámosvos o próximo xoves, 8 de Maio ás 17,45 hs. na sala polivalente do colexio, a este interesante faladoiro que podemos organizar grazas á colaboración desinteresada desta grande profesional, Ana Faraldo.

Animádevos e invitade
a quen queirades.... !!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario